Paco Ferreira, Raquel Giráldez e Carlos Gómez, na nova executiva provincial do PSdeG

FOTO: SOCIALISTAS DE GONDOMAR // 3º Congreso provincial do PSdG de Pontevedra.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra, David Regades, mostrouse este sábado “orgulloso” da súa nova executiva provincial “por ser paritaria e unha lista de integración”.

Os delegados ao congreso provincial, que se celebrou no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, ratificaron co 77,6 por cento dos votos a nova executiva cifra que chegou ate o 98 por cento para os representantes no comité provincial. Regades acadou, tras unha negociación cos perdedores das primarias, unhas listas de consenso e de integración, das cales manifestou “sentirse moi orgulloso por ser tamén paritarias”.

Nesta nova executiva estarán representadas as tres Agrupacións Socialistas do Val Miñor. Así, Paco Ferreira, Secretario Xeral do PSOE e alcalde en Gondomar, será Secretario de Mobilidade e Transporte, e Raquel Giráldez, tenente de alcalde de Nigrán, Secretaria de Economía e Industria. Carlos Gómez, Secretario Xeral do PSOE de Baiona, ocupará unha das Secretarías Adxuntas á Política Municipal.

Regades estivo acompañado na clausura do congreso provincial por el secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, e a vicepresidenta do PSOE, Adriana Lastra, ademais do presidente da FEMP, Abel Caballero, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que ademais actuou como presidenta del Congreso, e alcaldes e alcaldesas de toda a provincia e un gran número de representantes municipais de concellos de Pontevedra. Tamén estiveron presentes o secretario nacional de CC.OO. de Galicia, Ramón Sarmiento; e os dirixentes deste sindicato de Pontevedra e Vigo, así como o novo secretario de UXT Vigo. Ademais estiveron presentes unha ampla representación de diversas asociacións e colectivos de toda a provincia e da cúpula dos empresarios.

David Regades fixo un chamamento a todos e todas os militantes da provincia para lograr en 2019 ser a primeira forza política da provincia e para iso manifestou o seu desexo de traballar en conxunto coas executivas nacionais e federais do partido para “derrotar” a Núñez Feijóo.

O novo secretario xeral acusou o Partido Popular de Núñez Feijóo de non asumir as súas responsabilidades ao fronte do goberno da Xunta e “botar as culpas de todo aos alcaldes” como cando foron os incendios.

Antes de concluír o seu discurso de peche do congreso, Regades, tivo un recordo para os dous anterior secretarios xerais da provincia, Modesto Pose e Santos Héctor, aos que deu as gracias e para os que pediu un aplauso.

“Compañeiros e compañeiras hoxe comeza o traballo para gañar as municipais de 2019, para derrocar os gobernos da dereita os gobernos do Partido Popular” e animou a todos e todas a traballar en conxunto para acadar este fin e para rematar agradeceu os 2.886 militantes da provincia o seu traballo o seu impulso.