O Cereixa leva outro derbi miñorán

Gran triunfo o conseguido onte no Municipal de Panxón, onde o Cereixa FS superou a Os do Val con claridade para levar outro derbi miñorán.

O partido empezou cun Cereixa FS espeso e o local apropiouse das rendas para levar perigo nos primeiros 7 minutos do encontro. Con todo, coas primeiras rotacións duns e outros, a tendencia cambiou e o visitante fíxose co control do partido. Adrián López marcaba de forte disparo cruzado despois dunha longa posesión e tras recibir unha cesión de Luca (0-1).

O gol revolucionou a Os do Val que tentaban entrar nunha organizada defensa visitante que non daba opcións. Un roubo con saída á contra, permitiu a Gabriel Denis Vasconcellos conectar con Luca que outra vez asistía para que Diego Rodríguez metese o segundo (0-2).

Descanso e xogadores a vestiarios.

Na continuación, o visitante saíu decidido a pechar o partido e no minuto 5 Edu Rodríguez Pérez marcaba o terceiro despois dunha boa xogada individual (0-3).

O golpe foi acusado polo local e o Cereixa FS dedicouse a manter o resultado podendo mesmo, ampliar a renda tras unha expulsión que lle permitiu xogar en superioridade dous dos últimos tres minutos.

Final e tres puntos máis que permiten ao equipo colocarse en sexta posición neste peche de 2017. Non empezou ben a liga para os de Gondomar pero da pouco parece que as cousas van cambiando.