PSA Peugeot Citroën busca operarios de liña de montaxe

Desde ManpowerGroup Solutions están a recrutar para PSA Peugeot Citroën operarias/os de liña de montaxe. Requírese experiencia recente en postos de produción ou liña de montaxe (indistinto o sector) ou formación regrada relacionada recente (Ciclo Medio ou Superior: fabricación mecánica, soldadura, electromecánica, electricidade, electrónica, carrocería, pintura, etc.). Ofrécese contrato temporal de ata 1 ano realizado directamente por PSA Peugeot Citroën. Hai máis de 200 postos vacantes.