51ª exposición da pomba mensaxeira galega en Gondomar

O Club Colombófilo Pombas do Val Miñor, coa colaboración da Federación Colombofila Galega e a Concellería de Turismo de Gondomar, organiza a 51ª Exposición Rexional Galega da Pomba Mensaxeira, que se celebrará este domingo día 17 de decembro no Centro de Desenvolvemento Local en horario de 9:00 a 14:00 horas. Ás 12:00 do mediodía, Belmiro Pinto impartirá unha charla sobre a orientación dos pombos, e que elementos poden influír nela. Será no Centro Neural de Gondomar.