370 positivos nas case 18.000 probas de alcoholemia realizadas en novembro na provincia de Pontevedra

FOTO: GARDA CIVIL // Control de alcoholemia.

O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra realizou durante o pasado mes de novembro 17.970 probas de alcoholemia, das que 370 deron resultado positivo.

Estas cifras totais desagréganse da seguinte maneira:

POR INFRACCIÓN:
– Realizadas: 2.049
– Positivas: 11

POR ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN:
– Realizadas: 649
– Positivas: 22

POR CONTROL PREVENTIVO:
– Realizadas: 15.271
– Positivas: 336

POR SÍNTOMAS:
– Realizadas: 1
– Positivas: 1

Do total das probas de alcoholemia realizadas durante o mes de novembro, máis do 60% (10.859) se levaron a cabo durante as noites e madrugadas dos fins de semana, vésperas de festivos e festivos, resultando positivas 276 delas.

En canto aos condutores que deron resultado positivo nos controis de alcoholemia, 67 deles foron postos a disposición xudicial, acusados dun delito contra a seguridade do tráfico, pasando o resto para ser denunciados pola vía administrativa pola comisión dunha infracción a contra a seguridade viaria.

Por idades, a porcentaxe máis alta de probas positivas correspóndese co grupo comprendido entre os 25 e os 34 anos, cun 22,45%; séguelle, cun 20,81%, os comprendidos entre os 45/54 anos e cun 20,54% os condutores de 35 a 44 anos.

Anuncios