Paula López e Jose Ramón Dios, campións de España de bolo celta mixto por parellas

FOTO: FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS // Jose Ramón Dios e Paula López.

O pasado fin de semana celebrouse o I Campionato de España de bolo celta mixto por parellas nos campos de San Roque de Camos (Nigrán), coa participación de 33 parellas de Galicia e Asturias.

O campionato xogouse en dúas fases, a 1ª de clasificación e a segunda a fase final do día 10, á que accederan as 8 mellores parellas da fase de clasificación. Tras uns disputados enfrontamentos a clasificación final foi a seguinte:

Campioa de España: PAULA LÓPEZ e JOSE RAMÓN DIOS (Portameán/Medialdea)
Subcampioa: LAURA GONZÁLEZ e JOSE MANUEL GONZÁLEZ (Camos)
3º clasificados: BLANCA LAGO e JOSE RODRÍGUEZ (Estivada/Mañufe)
4º clasificada: JULIA LÓPEZ e MIGUEL LÓPEZ (Xove)
5º clasificada: JENIFER LEZ e VICENTE MO (Estivada)
6º clasificada: LARA DOMÍNGUEZ e CRISTIAN RODRÍGUEZ (Xove)
7º clasificada: DAVINIA DIOS e DIEGO PÉREZ (Portameán/Sobreiro)
8º clasificada: CARMEN ROCA e GINEZ RODRÍGUEZ (Xove)

Asistiron a presenciar o campionato, xogadoras e representantes do bolo Palma de Cantabria.

AS CATRO PARELLAS FINALISTAS
FOTO: FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS // As catro parellas finalistas.