Gondomar inaugura este sábado o Belén artesanal en movemento

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Belén en movemento feito por "Nando" no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

Este sábado, día 16 de decembro, inaugurarase ás 12:00 horas do mediodía o Belén en movemento que por segundo ano consecutivo ocupa o corredor lateral do Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

A espectacular recreación do Nacemento de Xesús, que aumenta o seu tamaño respecto dos 40 metros cadrados do ano pasado, está elaborado por Fernando Fernández Penedo, máis coñecido como “Nando”, natural de Baiona aínda que na actualidade veciño da parroquia gondomareña de Borreiros.

Os materiais que compoñen o Belén son reciclados, e grazas a motores reutilizados de microondas conséguese que os personaxes cobren vida. A gran maqueta poderá ser visitada ata o 7 de xaneiro.

Anuncios