Un conto de Nadal en Nigrán: “E se este ano toca en Chandebrito?”

Loterías e Apostas do Estado inaugurou hoxe o Nadal estreando unha fermosa árbore no municipio de Nigrán, un dos máis afectados polos incendios que arrasaron Galicia o pasado mes de outubro, onde faleceron dúas persoas.

A maxia da Lotería de Nadal trasladouse a Galicia, onde estes días fíxose realidade un conto de Nadal, o que propoñía Ana Pérez -veciña da localidade e edil de Nigrán- a Loterías nunha carta remitida o pasado mes de outubro. Dicía, “nestes momentos, o noso pobo está a pasar por uns malos momentos, ardeu o 98% da nosa superficie forestal e a pesar do bonito que é… está todo negro e escuro. O meu maior desexo sería recuperar a esperanza, que os meus veciños recuperasen a ilusión”. E engadiu, “e se este ano toca en Chandebrito?”.

A árbore, de 7 metros de alto por 2 metros de ancho, foi trasladado en furgón guindastre desde Madrid e situado na Praza do Concello, un punto neurálxico do municipio onde resulta especialmente vistoso.

Loterías con Galicia

“Todo o equipo de Loterías quixo solidarizarse cunha situación tan dura como a que están a pasar os nosos veciños de Galicia, por iso, desde o primeiro momento, tivemos claro que queriamos atender a petición que nos fixeron os cidadáns galegos e corresponderlles estando presentes en Nigrán coa nosa árbore de Nadal, acompañándolles e facéndolles sentir o noso apoio nestas festas do Nadal, lembrando moi especialmente ás vítimas dos terribles incendios do pasado mes de outubro. Loterías está con Galicia nestes duros momentos”, destacou o Delegado de Loterías en Vigo, José Antonio de Román. As cifras dan boa conta da magnitude do desastre para Nigrán: na parroquia de Chandebrito, onde faleceron dúas persoas, só sobreviviron 2 hectáreas do total de 232 que existen de monte comunal.

Desta forma, hoxe inaugurouse o Nadal en Galicia co aceso da árbore dos desexos da Lotería de Nadal. «É unha honra para Nigrán poder lucir a árbore, agradecemos enormemente o xesto que tivo connosco Loterías e Apostas do Estado; sen dúbida contribuirá a que este Nadal sexa máis especial no municipio despois dun mes de outubro moi duro», destacou o alcalde, Juan González, na presentación do mesmo.

Lembremos que en Galicia o Gordo da Lotería de Nadal tocou en 21 ocasións: doce das cales foron na provincia da Coruña, cinco en Lugo, 3 en Pontevedra e unha en Ourense.

Loterías sempre toca

Loterías traballa cada día por mellorar a vida das persoas e por contribuír de forma real á prosperidade do conxunto da sociedade española. Todos os españois son beneficiarios, directos ou indirectos, porque ou ben son gañadores dun décimo agraciado ou reciben indirectamente maiores fondos públicos para políticas sociais. Así mesmo, Loterías leva a cabo numerosas iniciativas en materia de investigación, acción social, cultura ou deporte.