Obradoiro de turróns artesáns e panettone en Chandebrito

O vindeiro sábado dia 23 de decembro, en horario de 17:00 a 20:00 horas, a Asociación Chandebrito 1807 desenvolverá un obradoiro de turróns artesáns e panettone, que terá lugar na Escola infantil de Chandebrito, localizada na Rúa da Igrexa, 2.

O obxecto desta actividade, na que se realizarán tres tipos de turrón e o famoso e apreciado doce denominado «panettone», é fomentar a elaboración artesán destes produtos típicos do Nadal na casa, de xeito sinxelo, natural e saudable.

Os interesados poden informarse e/ou solicitar a súa inscrición enviando un correo electrónico a chandebrito1807@gmail.com ou nos teléfonos 620 097 930 ou 667 380 223, indicando o nome e apelidos da persoa interesada, xunto co seu enderezo de correo electrónico e un número de teléfono de contacto.

O prezo total a pagar pola participación é de 20 euros por persoa (correspondente ao custo), incluíndo elaboracións e receitas.