Gondomar tramita as solicitudes para o Programa de Termalismo Social do Imserso

O Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para o Programa de Termalismo Social do Imserso, dirixido a pensionistas da Seguridade Social, perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 anos cumpridos. Este programa proporciona tratamentos termais a prezos reducidos en balnearios de todo o territorio nacional en réxime de aloxamento con pensión completa. As estancias poden ser de 10 e 12 días de duración.

O prazo de presentación de solicitudes para os meses dende febreiro ata agosto remata o 4 de xaneiro de 2018. O prazo de presentación de solicitudes para os meses dende setembro ata decembro remata o 11 de maio de 2018. Para maior información os interesados poden pasar polo Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, situado na Casa de Cultura.

Anuncios