Camos inaugura unha imaxe pétrea de Santa Baia

A parroquia nigranesa de Camos celebrou o domingo a festividade da súa patroa, Santa Baia, cunha Misa Solemne presidida polo Bispo da Diocese de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, xunto co párroco, José Juan Sobrino. Ao finalizar a Eucaristía, tivo lugar a inauguración e bendición dunha figura en pedra da Santa, doada por un veciño da parroquia, situada sobre a porta de entrada da Igrexa Parroquial. Entre os asistentes estaba o alcalde de Nigrán, Juan González, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.

Anuncios