Sin categoría

Mañufe celebra a Festa das Candeas e a Romaría de San Blas

A parroquia gondomareña de Mañufe celebra esta fin de semana a Festa das Candeas e a Romaría de San Blas. O sábado 2 de febreiro haberá Misa e bendición das velas ás 18:45 horas. O domingo 3 ás 11:00 da mañá a Banda de Música Unión Musical de Guláns ofrecerá un pasarrúas. Ás 13:00 horas comezará a Misa Maior con Sermón, seguida de procesión acompañada pola mesma Banda de Música, que dará ao finalizar un concerto. Ás 20:30 horas haberá animación para toda a familia con Orquestra Cé Pantasma, e pola noite, a partir das 22:00 horas, comezará a gran verbena no torreiro de festas coa actuación da orquestra Finisterre. Tamén se celebrarán Misas cada hora, pola mañá desde as 8:00 ata as 10:00 e ás 11:30, e pola tarde desde as 17:00 ata as 20:00 horas. En todas elas farase a bendición do pan e outros alimentos.