Sin categoría

Nigrán planta 125 “liquidambar styraciflua” en Porto do Molle cun investimento de 20.000 €

O Concello de Nigrán inviste 19.724 euros na reposición do arboledo que ocupa os alcorques das principais beiravías do parque empresarial de Porto do Molle. O motivo é que os antes existentes, falsos pimenteiros, se atopaban en moi mal estado ou directamente non se conservaban, polo que o goberno local consideraba preciso repoñelos. En total, o  Concello plantou esta semana 125 unidades de liquidambar styraciflua de 4 metros de altura coa garantía de que, de non enraízar algún elemento, a empresa subministradora o substituirá por outro igual sen conste algún.

«Este é un parque que destaca como exemplo de calidade e respecto medioambiental e que achega moitos beneficios ao municipio; era unha actuación prioritaria substituír as árbores por especies que realmente se adapten a este lugar, o noso compromiso é reverter neste parque boa parte dos beneficios que xera», sinala o alcalde, Juan González. Neste sentido, o Concello apostou polo liquidambar, unha árbore caducifolia moi resistente con follas semellantes ás do arce e que no outono colle tons dende amarelos a vermellos. Así, operarios de Brocoli, a empresa adxudicataria do mantemento das zonas verdes municipais, repuxeron durante esta semana o arboledo nas rúas do parque empresarial.

Precisamente, seguindo este mesmo criterio, o Concello de Nigrán presentou a licitación o proxecto de acondicionamento integral do río Muíños (que discorre por Porto do Molle) nunha intervención na que se aposta por devolver ao río o seu equilibrio natural e á que se vinculan núcleos de ocio e deportivos públicos totalmente respectuosos coa contorna. «Son actuacións nas que a sustentabilidade medioambiental é a premisa fundamental e que farán deste parque un referente de calidade», resume o alcalde, Juan González.