Anuncios
Ticker de novas

Nigrán asesora aos pensionistas que desexen participar no programa de termalismo social do Imserso

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán atende aos veciños nas solicitudes de participación no programa de termalismo social do Imserso. O Imserso organiza o Programa de Termalismo Social dirixido a pensionistas da Seguridade Social, perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 anos cumpridos. Este programa proporciona tratamentos termais a prezos reducidos en balnearios de todo o territorio nacional en réxime de aloxamento con pensión completa. As estancias poden ser de 10 e 12 días de duración.

Os prazos para presentar as solicitudes son os seguintes: ata o día 2 de xaneiro de 2018 para as quendas dos meses de febreiro a agosto ambos inclusive; e ata o día 7 de maio de 2018 para as quendas dos meses de setembro a decembro, ambos inclusive.

As persoas interesadas en participar neste programa deberán dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán, os martes e xoves en horario de 9 a 13 horas. Cita previa chamando ao teléfono 986 365 000.

Anuncios