Anuncios
Ticker de novas

Camos acolle este fin de semana o I Campionato de España de bolos celta mixto por parellas

Durante este fin de semana celébrase nos campos de bolos de San Roque de Camos, en Nigrán, o I Campionato de España de bolos celta mixto por parellas. O venres a competición dará comezo ás 16:00 horas, continuando o sábado ás 9:00 da mañá para disputar o domingo as finais a partir das 10:00 horas.

Neste campionato participarán un total de 33 parellas de Galicia, Asturias e Cantabria. Esta modalidade é nova no Val Miñor, xa que é a primeira vez que se disputa un campionato mixto.

En datas pasadas disputouse o I Campionato Deputación Provincial con esta mesma modalidade na que resultou vencedora a parella formada por Paula López (Portameán) e José Ramón Dios (Medialdea), o subcampionato foi para Blanca Lago ( Estivada) e José Rodríguez (Mañufe) e o 3º lugar para María del Mar Álvarez e José Manuel Torres (San Cibrán).

Anuncios