Anuncios
Ticker de novas

Un turismo choca con dous vehículos estacionados e dáse á fuga en Nigrán

FOTO: POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN // Estado no que quedou o turismo causante do accidente.

A Policía Local de Nigrán atendeu un accidente de circulación con fuga, ás 7:10 horas, ocorrido na Rúa Telleira, o pasado domingo día 3 de decembro.

O accidente ocorreu cando un turismo chocou con outros dous, estacionados na vía pública, provocando danos de importancia en ambos, así como deixando restos do mesmo turismo espallados pola calzada.

Mentres se atendía o sinistro, recibiuse chamada dun condutor, que observara un turismo sen matrícula, cun gran golpe na súa parte traseira e sen o pneumático dunha das súas rodas posteriores, circulando pola PO-552.

Tras unha procura do vehículo, o cal carecía de seguro, seguindo o rastro que deixaba debido á falta de pneumático e outro tipo de restos, localizouse abandonado nun camiño na zona de Patos.

Posteriormente identificouse e localizou ao condutor, que recoñeceu ser o condutor no momento do sinistro, alegando nerviosismo tras o accidente e a carencia de seguro obrigatorio de accidentes.

Instruirase informe sobre investigación de accidentes, por parte da Policía Local, para o esclarecemento dos feitos ocorridos.

Anuncios