I Festa de Exaltación da Landra en Chandebrito como protesta á eucaliptación dos montes

O vindeiro sábado dia 16 de decembro na antiga escola infantil (Rúa da Igrexa, 2) realizarase a I Festa de Exaltación da Landra de Chandebrito, como proposta e protesta á eucaliptización dos nosos montes, guiada polo biólogo e ecoloxista César Lema Costas.

O programa de actos comezará ás 16:00 horas coa lectura do manifesto. Ás 16:30 terá lugar un obradoiro de landraguesas (hamburguesas de landra), e ás 18:00 horas unha merenda compartida cos pratos de landra que leve cada quen. Un serán a partir das 19:00 horas pechará o evento.

Anímase a todas aquelas persoas interesadas a levar un prato feito con landra ou froitos silvestres para compartir na merenda.

Anuncios