Anuncios
Ticker de novas

A Federación Galega de Bolos celebra a súa gala anual na Carrasca

Este sábado día 9 de decembro a Federación Galega de Bolos celebrará a gala de entrega de trofeos e diplomas aos vencedores dos distintos torneos, campionatos e competicións de bolos celebradas durante o ano 2017. O evento terá lugar ás 20:00 horas no hotel A Queimada da Carrasca (Parada-Nigrán). Repartiranse un total de 72 trofeos e os seus correspondentes diplomas, e unha vez finalizada a gala celebrarase unha cea baile na que participarán ademais dos xogadores, directivos e persoas afíns aos bolos as autoridades asistentes.

Anuncios