A Camoesa inicia a súa Semana Cultural

O Centro Cultural A Camoesa inicia este mércores 6 de decembro a súa Semana Cultural, con actuacións, manualidades para nenos, cinema en familia e gran exposición de fotos antigas, grazas á colaboración dos veciños e veciñas de Camos.

Programa

Mércores 6 de decembro
16:30 Manualidades para nenos
Exposición de fotografías antigas de Camos
18:30 Grupo de Pandeireteiras As Camoesas

Venres 8 de decembro
16:30 Manualidades para nenos
18:30 Grupo de Teatro “A Merced” de Chaín

Sábado 9 de decembro
16:30 Manualidades para nenos
18:30 Grupo de Gaitas e Pandeiretas “Eixotolo”

Domingo 10 de decembro
16:00 Manualidades para nenos
18:00 Película para todos os públicos