Sin categoría

Falece aos 100 anos Zoraida Estévez Pérez, unha das avoas de Camos

Zoraida Estévez Pérez faleceu este luns aos 100 anos de idade. Veciña do barrio da Rotea, na parroquia de Camos, era unha das máis lonxevas do municipio. O pasado mes de xuño celebraba o centenario coa visita do alcalde de Nigrán, Juan González, representantes da Asociación de Veciños de Camos, da Comunidade de Montes e do Centro Cultural.

Os seus restos mortais descansan na Sala 1 do Tanatorio do Miñor, en Sabarís, desde onde sairá a comitiva fúnebre mañá martes ás 16:30 horas dirección Camos. Xa na Igrexa Parroquial de Santa Eulalia oficiarase o funeral ás 16:45. A continuación será enterrada no Panteón Familiar.

Zoraida naceu o 28 de xuño de 1917 na mesma casa na que vivía coa súa filla Carmen; ten 3 fillos (un xa falecido), 11 netos, 14 bisnietos e 3 tataranietos. De carácter alegre e tranquilo, Zoraida era unha veciña moi querida no seu barrio.