O Grupo de Gaitas Castro da Pedra Moura de Donas organiza unha cea-baile

Grupo de Gaitas Castro da Pedra Moura de Donas.

O Grupo de Gaitas Castro da Pedra Moura de Donas organiza o vindeiro sábado 16 de decembro ás 22:00 horas unha cea-baile no Hotel Restaurante Glasgow. O menú inclúe lagostinos cocidos e á prancha, tenreira asada e xamón asado (con patacas e guarnición), torta, viño, auga, cervexa e refrescos, café ou infusións e chopos de licores galegos. O prezo por comensal é de 25 euros (15 euros os nenos). As reservas poden realizarse nos teléfonos 609 458 211 ou 617 112 431.

Anuncios