Nigrán ofrece a actuación das pandereteiras de Camos e Panxón

O Concello de Nigrán ofrece mañá sábado ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a actuación das pandereteiras “As Camoesas” e as da Asociación de Veciños de Panxón, que interpretarán diferentes temas do folclore tradicional galego. A entrada é de balde.