Finaliza en Camos un curso de traballos en tea, coiro, madeira e outros materiais

FOTO: A CAMOESA // As participantes do curso xunto co alcalde e deputado provincial, Juan A. González.

O deputado provincial Juan A. González asistiu o mércores á entrega de diplomas do curso de “Traballos en tea, coiro, madeira e outros materiais” que se desenvolveu no Centro Cultural “A Camoesa” no marco do programa Conectadas 2017 da Deputación de Pontevedra, e no que participaron unha quincena de persoas.

Os obxectivos do obradoiro, de 35 horas de duración, son que os asistentes coñezan e aprendan as técnicas básicas dos traballos manuais con cores acrílicas, tinguido, decapado, vernizado… empregar adecuadamente os diferentes tipos de materiais e elaborar diferentes tipos de elementos ornamentais. Tamén inclúe un módulo de sensibilización na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de cinco horas de duración.

O programa «Conectadas 2017» ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a fenda dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías.