Sin categoría

Nigrán abre o proceso de contratación das obras de acondicionamento integral do río Muíños

O Concello de Nigrán abre hoxe o proceso de licitación das obras de acondicionamento integral do río Muíños cun orzamento base de 671.176,57 euros, tal e como publica hoxe o Boletín Oficial da Provincia (BOPPO). As empresas dispoñen de 26 días naturais dende hoxe para presentar as súas ofertas, contemplándose o período máximo de execución das obras en 10 meses.

Trátase dun proxecto clave para este goberno cuxo obxectivo primordial é devolver ao río o seu equilibrio natural, fortemente alterado pola presión urbanística do polígono empresarial e da autoestrada, o que provoca cambios bruscos na súa hidroloxía que, a súa vez, alteran a paisaxe con rapidez (como se pode constatar no ecosistema dunar de praia América). Así mesmo, vincularanse a el núcleos de ocio e deportivos públicos e totalmente respectuosos coa contorna. Ademais, se lle engade outra actuación por valor de 201.243 euros (executarase simultaneamente) destinada a mellorar a calidade da auga reparando o sistema de colectores e rede de sumidoiros, que desborda fecais en época de choiva). Con isto, en total investiranse 800.000 euros no río Muíños e a súa contorna (incluído o río Nespereira) con cartos procedentes do aproveitamento urbanístico do parque empresarial de Porto do Molle.

As obras previstas comprenden 300.000 metros cadrados nos máis de 2 km de curso medio en Porto do Molle, contemplando dende á revexetación das súas ribeiras con técnicas de bioenxeñaría novas á creación de espazos de bosque natural (non sempre transitable) ou a instalación de bandas de protección nas marxes e creación de pendentes naturais. Todas estas accións está destinadas a frear a enerxía do río en todo o tramo e, con elo, minimizar o impacto da erosión. Nesta liña, o equipo multidisciplinar liderado polo arquitecto Ángel Santorio e o enxeñeiro forestal Javier Santiago propón técnicas de drenaxe sostible baseadas no concepto de lagunaxe, é dicir, mediante a laminación de auga en brañas preexistentes ou creando lagoas artificiais ou humedais. Así, se priorizan os seus recursos naturais e non se lle engade ningún ornato artificial.

Espazo de ocio e deportivo

Este proxecto contempla a creación de núcleos de ocio e deportivos totalmente integrados na paisaxe e nos que destaca a creación dunha pista de atletismo e outra de skate, “dúas disciplinas nas que existe unha gran demanda social de instalacións», explica González. No eido deportivo, a esta pista de 450 metros de lonxitude e 6 rúas súmase un circuíto de running circular de 4,5 km ou a mellora do sendeiro existente. Estas dotacións atópase na parcela urbanizable destinada a usos deportivos, e ao seu carón haberá unha zona de recreo infantil e familiar con elementos de recreo como columpios, tirolina, circuíto de bicicletas…

«Serán instalacións municipais e, polo tanto, cen por cen públicas», resume González.