O barrio de Nande en Mañufe celebra as festas de San Andrés

FOTO: PEPE COSTAS // Procesión de San Andrés en Nande-Mañufe.

O barrio de Nande, na parroquia gondomareña de Mañufe, celebra as festas na honra de San Andrés. O xoves 30 de novembro ás 10:00 da mañá a Banda de Música Vilanova de Arousa ofrecerá un pasarrúas por Gondomar. Ás 12:30 comezará a Misa Solemne con sermón seguida de procesión acompañada pola mesma banda de música, que dará un concerto ao finalizar. Pola noite, gran verbena a cargo das orquestras Nevada Band e Televisión. O venres 1 de decembro, a verbena fin de festa estará amenizada pola orquestra Xacobeo e o grupo Aramio.

Anuncios