Gondomar abre a convocatoria de subvencións de cultura, deportes e fins sociais

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Marcha Cicloturista de Gondomar.

O Concello de Gondomar acordou mediante resolución de Alcaldía con data 21 de novembro de 2017 efectuar a convocatoria para a concesión en réxime de concorrencia competitiva das subvencións para o exercicio 2017, destinadas a asociacións, entidades ou persoas físicas que desenvolvan actividades que persigan un fin social, e para a execución de actividades de promoción deportivas ou culturais.

A convocatoria ten por obxecto regular o procedemento de concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomentar o desenvolvemento de actividades, execución de obras ou investimentos, adquisición de subministros e outros que persigan a consecución de obxectivos de carácter cultural, deportivo e social ou comunitario, ou que redunden en beneficio da colectividade entre os veciños de Gondomar.

O modelo de solicitude, co resto da documentación requirida, presentarase no Rexistro Xeral do Concello, por correo certificado ou a través do rexistro electrónico co DNI electrónico ou certificado dixital así como a través de calquera dos medios recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

A información, descarga de instancias e tramitación electrónica da presente convocatoria está dispoñible na páxina oficial da Sede Electrónica do Concello de Gondomar ou no Rexistro Municipal.

Anuncios