A Garda Civil activa o sistema de citas previas nas Intervencións de Armas e Explosivos

A Garda Civil acaba de activar o sistema de citas previas por Internet nas Intervencións de Armas e Explosivos existentes en Pontevedra.

A provincia de Pontevedra conta con 9 Intervencións de Armas e Explosivos situadas nos acuartelamentos da Garda Civil das localidades de: Ponteareas, Tui, O Porriño, Vigo, Cangas, Sanxenxo, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Lalín e na Comandancia situada en Poio (Pontevedra).

As citas poderanse solicitar na ligazón da internet: http://run.gob.es/citagc ou a través da web da Garda Civil http://www.guardiacivil.es dentro da ligazón “Cita previa Intervención de Armas”. Con todo, os cidadáns que non dispoñan deste medio poderán solicitalo por teléfono na súa Intervención de Armas e Explosivos.

A aplicación permítelle obter citas a través de internet de acordo coas seguintes directrices:

• Seleccionar unha provincia na que realizar un trámite e elixir entre os trámites dispoñibles.

• Tras seleccionar o trámite e, unha vez lidos os textos informativos, a aplicación solicita a través dun formulario os datos de inicio para o trámite elixido nesa provincia (obrigatorio: DNI, NIE ou pasaporte).

• Seguidamente presenta un menú que permite:
– Seleccionar a sede na que se pode facer o trámite.
– Seleccionar a hora da cita dentro do mapa de citas.
– Consultar citas confirmadas.
– Anular unha cita.

A información está dispoñible nos seguintes idiomas: castelán, catalán, galego, eúscaro e inglés.

Este sistema, é un servizo de administración electrónica que permite ao cidadán solicitar unha cita para a realización de trámites administrativos coas Intervencións de Armas e Explosivos, e que ten como principal obxectivo, mellorar a calidade na atención aos cidadáns nas Intervencións mediante un sistema informático que permitirá unha xestión eficiente do tempo para os cidadáns e para as Intervencións de Armas da Garda Civil.

Trámites que poderán realizarse co sistema de citas previas

Poderanse solicitar cita previa para a realización de calquera trámite coas Intervencións de Armas e Explosivos. Con todo, os cidadáns estarán exentos de uso do sistema nos seguintes casos:
– Para o depósito das armas, por motivos de seguridade cidadá.
– Para a presentación de documentación de trámites de mellora, de audiencia ou recursos administrativos, para poder cumprir cos prazos establecidos.