Unha unidade móbil de doazón de sangue estará o luns en Gondomar e o martes en Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // A unidade móbil de doazón de sangue en Baiona.

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita estes días Gondomar e Baiona. O luns 27 de novembro permanecerá na estación de autobuses de Gondomar. En Baiona estará o martes 28, situada na rúa Jesús Valverde, na entrada ao Parador. Todo aquel que desexe doar sangue poderá facelo en ambos os dous casos de 16:00 a 21:00 horas. Se é a primeira vez que se doa hai que levar consigo o DNI.

Anuncios