A Agrupación Musical de Belesar honra este sábado a Santa Icía

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Imaxe de Santa Icía en Belesar.

A Agrupación Musical de Belesar celebra este sábado día 25 de novembro a festividade de Santa Icía, patroa dos músicos. Ás 16:45 horas realizarase unha ofrenda floral no cemiterio de Belesar na honra dos defuntos da parroquia. Ás 17:00 horas celebrarase unha misa cantada pola Coral de Belesar seguida de procesión. E ás 18:15 horas a Agrupación Musical de Belesar ofrecerá un concerto no Centro Cultural da parroquia con obras para solistas e banda.