OVALMI e Concello de Nigrán convocan o II Concurso de Árbores e Ambientación de Nadal

Para celebrar o Nadal, mellorar a imaxe do municipio de Nigrán nestas datas e impulsar o comercio, a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) e o Concello de Nigrán, organizan o II Concurso de Árbores e Ambientación de Nadal, concibido para estimular aos comerciantes a que fagan máis atractivos os seus escaparates durante estas festas, axudando a dinamizar o comercio, e facer deste xeito máis atractiva a imaxe do municipio.

Para inscribirse no concurso, de maneira gratuíta, é obrigatorio ser maior de idade e titular ou cotitular dun establecemento comercial situado no Concello de Nigrán. As solicitudes poderán presentarse ata o 14 de decembro de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas, no Rexistro Municipal do Concello de Nigrán.

Os locais deberán asinar unha folla de visitas, facilitada polos membros do xurado, conforme o seu local foi visitado. O xurado estará composto por 2 membros, designados pola Asociación e o Concello.

Non poderán participar no concurso as persoas que formen parte do xurado e que sexan titulares ou cotitulares dun establecemento comercial. O fallo do xurado será inapelable e darase a coñecer o 4 de xaneiro de 2018, coa entrega de premios nos locais gañadores, que consistirán en 150 euros para o primeiro clasificado no concurso de árbores e outros 150 para o primeiro clasificado do concurso de ambientación.

O xurado valorará a capacidade de atracción e xeración do desexo de compra, en base aos criterios de composición e deseño, tendo en conta, ademais, a orixinalidade e a elaboración propia. O tema para utilizar será obrigatoriamente o Nadal.

Tanto as árbores como a decoración do Nadal deberán estar expostos entre os días 15 de decembro de 2016 e o 6 de xaneiro de 2018.

Anuncios