Existen múltiples motivos para colaborar cos pequenos empresarios e comerciantes: os seus negocios están preto e evítanse gastos e tempo de desprazamento; dan un trato persoal e próximo; dan vida e alegría ás rúas; fortalecen os lazos da comunidade; dinamizan a economía local ao quedar o diñeiro no pobo; axúdase aos que emprenden e arriscan para montar un pequeno negocio; apóiase a moitas familias que os sosteñen; lóitase contra os monopolios das grandes compañías; deféndese unha economía máis xusta repartindo a riqueza, en lugar de concentrala nas mans duns poucos; lóitase contra o paro e axúdase a que o pobo creza; apóiase a veciños e amigos, que ademais colaboran nas actividades do barrio.
A Asociación de Comerciantes e Empresarios do Val Miñor (OVALMI) convida a apoiar aos pequenos empresarios e comerciantes todo o ano, e especialmente nesta época de compras con motivo dos grandes descontos que ofrecen esta semana de celebración do Black Friday e na próxima campaña de Nadal.

