Nigrán inaugura mañá a exposición “A outra cara de África” co concerto de Bloquinho Aperta

O Concello de Nigrán inaugura mañá ás 20:30 horas no Auditorio Municipal a exposición “A outra cara de África”, comisariada por Ibrahima Niang. A mostra abre ao público co concerto do grupo de percusionistas Bloquinho Aperta. A exposición pretende ensinar aspectos moi importantes na vida e cultura deste continente a través de instrumentos rituais, obxectos de culto como as máscaras, utensilios domésticos, amuletos, etc.

Anuncios