Sin categoría

Gondomar destina 110.000 € para a remodelación do Pavillón de Deportes

O Concello de Gondomar inicia a reforma do Pavillón Municipal de Deportes, cun investimento de 110.000 euros financiados pola Deputación de Pontevedra, e que concluirá antes de que finalice o ano.

As obras consistirán na reposición da cuberta, a dotación de sistema de ventilación das instalacións deportivas e o acondicionamento da chaira exterior cunha capa de asfaltado e a sinalización das prazas de estacionamento.

Con motivo da execución dos traballos de acondicionamento interior, as actividades deportivas trasládanse ao Pavillón Municipal de Donas e aos pavillóns de colexios e institutos de secundaria do municipio.