Anuncios
Ticker de novas

Arde un camión de conxelados mentres circulaba por Baiona

Un camión de conxelados comezou a arder este venres mentres circulaba pola estrada de Santa Marta, en Baiona. O suceso produciuse ao redor das 11:30 horas, cando o vehículo, da empresa Toucedo Mar, estaba a piques de chegar a un hotel no que ía descargar mercadoría.

O condutor, que se decatou da existencia do lume cando comezou a ver a través do espello retrovisor que saía fume da parte traseira do camión, desviouse cara ao Camiño do Porto para poder parar. As chamas propagáronse con tanta rapidez pola cabina que ao transportista apenas lle deu tempo a baixarse, sen poder coller o extintor que tiña no interior.

A pesar de que só había un bombeiro do GES do Val Miñor en servizo, a intervención foi rápida. A zona dianteira do camión quedou totalmente calcinada pero a caixa refrixerada, onde ían os produtos conxelados, non se viu afectada.

Ao lugar tamén se desprazou a Garda Civil, a Policía Local de Baiona e persoal sanitario.

Anuncios