Anuncios
Ticker de novas

Charla en Nigrán sobre prevención e actuación no fogar en caso de incendios e accidentes

A ANPA Alborés do CEIP Humberto Juanes de Nigrán organiza este venres 17 de novembro unha nova charla dentro o seu proxecto Escola de Pais. Nesta ocasión tratará sobre a prevención e actuación no fogar en caso de incendios e accidentes. Membros do GES do Val Miñor falarán de como actuar en caso de incendios no fogar e incendios forestais, en caso de quedar atrapados nun ascensor, en escapes de gas, que é e como utilizar un extintor, etc. A charla, aberta a todo o público en xeral, comezará ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Nigrán.

Anuncios