O vindeiro domingo día 3 de decembro, o Club de Tenis Gondomar e o Concello de Gondomar organizan un ano máis o Torneo Escolar de Tenis Nadal 2017, que se celebrará de 9:30 a 14:00 horas no Pavillón de Deportes Municipal, no IES Auga da Laxe e nas pistas das Cercas.
Co fin de recadar alimentos para as familias máis necesitadas do municipio, cada participante deberá achegar comida non perecedoira. Participarán as categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.
Haberá regalos para todos os participantes, sorteo de premios e entrega de trofeos.
As inscricións poden realizarse ata o 1 de decembro no teléfono 680 124 239 ou no correo electrónico ctgondomar@hotmail.es.

