Anuncios
Ticker de novas

A Garda Civil reúnese co Sector da Pirotecnia da provincia de Pontevedra

FOTO: GARDA CIVIL // Un momento da reunión na Comandancia de Pontevedra.

Durante a mañá de hoxe celebrouse na sede da Comandancia o primeiro encontro anual da Garda Civil co Sector da Pirotecnia na provincia de Pontevedra.

Asistiron un importante número de representantes dos talleres pirotécnicos e dos establecementos autorizados para a comercialización destes produtos, entre eles Argimiro Alborés, propietario da Pirotecnia do mesmo nome situada en Nigrán, ademais do Presidente da Asociación Galega de Pirotecnias e os Xefes de Seguridade dos portos de Vigo e Marín.

Durante a reunión, que foi presidida polo Tenente Coronel Xefe Interino da Comandancia, Manuel Touceda Souto, os compoñentes da Intervención de Armas, así como do COC (Central Operativa Complexa) que interviñeron como relatoras, abordaron a normativa que regula a fabricación, o consumo e o comercio destes produtos, así como as canles de comunicación e mapa de servizos.

Anuncios