Peitieiros celebra o Magosto con castañas e cogomelos

FOTO: CENTRO CULTURAL DE PEITIEIROS // Magosto en Peitieiros.

O domingo 12 de novembro a partir das 17:00 horas o Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros, coa colaboración da Comisión de Festas, organiza o Magosto no adro da Igrexa parroquial.

Os actos comezarán con xogos populares para grandes e pequenos. A partir das 19:30 horas as castañas asadas faranse protagonistas da festa. Haberá tamén degustación de cogomelos, que serán procurados na tarde do sábado, con saída ás 16:00 horas desde o adro, contando con guías con experiencia.

A festa estará amenizada polo grupo de gaitas do CCV Ecos e Agarimos.