
A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) celebra o próximo sábado 25 de novembro ás 22:00 horas no Parador de Turismo “Conde de Gondomar” de Baiona a súa XXIV Cea da Amizade.
A gran acollida que ten entre os seus asociados a celebración anual da Cea da Amizade fai posible que 24 anos despois siga celebrando o evento, reunindo a numerosos empresarios e comerciantes da comarca do Val Miñor.
Os asistentes poderán desfrutar dunha agradable velada con animación musical, barra libre e o tradicional sorteo de agasallos por 35 euros por persoa. Os interesados en participar deberán poñerse en contacto coa Asociación no teléfono 986 36 67 30 ou en asociacion@ovalmi.com antes do venres día 17. Non é necesario ser nin asociado nin empresario.