O pasado fin de semana celebrouse nos Campos de Fútbol de San Lorenzo (Parque Mérida) de Castellón de la Plana o IV Campionato de España de Agility, organizado pola Real Federación Española de Caza (RFEC) e o Club de Agility de Castellón.
Na categoría 30 “Toy”, Eva Gonzalo coa súa cadela “Laia”, do club nigranés WeCan Agility, subía ao máis alto do podio e convertíase en Campioa da Copa Júnior, na que se disputaban o título 20 participantes. A moza xa se proclamara o pasado mes de setembro Campioa Júnior da I Súper Copa Galega de Agility, celebrada no campo da Xunqueira, en Moaña.
O IV Campionato de España de Agility contou coa presenza de máis de 200 participantes representando a 40 clubs de toda España.

