Adrián Valverde pon en xogo a súa camisola de líder Elite en Santiago

FOTO: LUZ IGLESIAS

A Copa Galicia celebra este domingo a súa cuarta xornada en Santiago de Compostela e Adrián Valverde chega como líder Elite e segundo clasificado no ránking absoluto ao circuíto de San Lázaro. O representante do Club Ciclista Rías Baixas suma 300 puntos na clasificación xeral, 120 menos que o sub23 Iván Feijoo (Academia Postal – Actyon) e 50 máis que o Elite Darío Otero (Muebles Compostela).

Ata o momento o baionés asinou un segundo, un terceiro e un cuarto posto nas carreiras do certame autonómico. A deste domingo arrancará ás 12:00 horas nun trazado que sufriu modificacións respecto de anteriores edicións do Trofeo Concello de Santiago de Ciclocrós.

Anuncios