I Romaría de San Martiño en Morgadáns con carne ao caldeiro e asado de castañas

Este sábado 11 de novembro celébrase por primeira vez o San Martiño en Murxido-Prado, onde antigamente había unha capela pequena ao carón do curro de Morgadáns. Este ano atopáronse os restos e volverase celebrar como se facía antigamente. Ás 13:00 horas dará comezo a actuación do grupo de gaitas “Balcón do Val Miñor”, seguido dunha Gran Caldeirada de carne ao caldeiro e asado de castañas. Os interesados poden anotarse no 630 947 268.