Concerto solidario a favor de Bai.senpulgas en Sabarís

O Casino de Sabarís acolle este sábado 11 de novembro un concerto solidario a favor da protectora de animais Bai.senpulgas. The Mirror (Alex & Tania) ofrecerán un acústico de Rock e Blues a partir das 23:00 horas. A entrada donativo será de 3 euros e faranse sorteos de agasallos, entre eles un vale para dúas persoas para a Piscina Terapéutica do Talaso Atlántico.

Anuncios