“la Caixa” achega 4.000 € ao Concello de Gondomar para a compra de alimentos

O Fondo Social “la Caixa” fixo entrega este martes da cantidade de 4.000 euros ao Concello de Gondomar para investir na compra de alimentos para as persoas en situación de emerxencia social do municipio. O alcalde, Paco Ferreira, e a concelleira de Benestar Social, Rocío Cambra, manifestan o seu agradecemento pola colaboración da entidade. Ao acto de entrega asistiron a Directora da Sucursal de “la Caixa” en Gondomar e o Director de Zona e o alcalde e a concelleira.

Anuncios