#Tramalume conversa con axentes medio ambientais do Val Miñor

#Tramalume vén de presentar o episodio 3 da súa serie documental sobre os incendios forestais en Galicia, tras a vaga de lumes que arrasaron a comunidade o pasado mes de outubro. Nesta ocasión conversan con axentes medio ambientais do Val Miñor.

Félix é Axente Facultativo Medioambiental da Xunta de Galicia. Rubén traballa na Comunidade de Montes de Coruxo e é Técnico Superior de Educación e Control Ambiental.

#Tramalume analiza con eles os usos e prácticas de Ence sobre as plantacións de eucaliptal no territorio galego, como afecta social e economicamente, as políticas forestais actuais e as alternativas ideais para frear o desastre.

#Tramalume é unha Rede de Investigación e Acción Comunal sobre Montes e Lume Forestal que traballa en rede, de xeito anónimo e con memoria, para visibilizar as tramas que fan arder os nosos montes. Tamén está en twitter @trama_lume e na web http://tramalume.org.


#Tramalume 2 – Ponte Caldelas

Os veciños de Ponte Caldelas loitaron sós contra os lumes na fatídica noite do 15 de Outubro de 2017. Falamos con José Ángel Soares, un dos afectados e con Andrés Díaz, alcalde do Concello. Denuncian o abandono da Xunta e do 112.

25 dos 30 núcleos de poboación do concello quedaron arrasados. O Barranco do Verdugo, de alto valor paisaxístico e ecolóxico, quedou gravemente afectado.


#Tramalume 1 – Xose Lois Vilar sobre os Incendios Forestais

Dende o Alto de Sanomedio, na Parroquia nigranesa de Camos, entrevistan a Xose Lois Vilar, arqueólogo, Historiador e membro do Instituto de Estudos Miñoráns http://iem.gal/

Percorren o camiño de desolación que deixou a vaga de lumes do pasado 15 de outubro, ata chegar ao alto do monte, onde tiveron unha visión global do desastre, das implicacións que ten para o rural galego e das posibles causas, políticas e empresariais de todo isto.

Anuncios