Presentación do libro «Os nomes do terror» no Auditorio de Nigrán

Seguindo co fío de «Nigrán a través da Memoria», este martes 7 de novembro ás 20:00 horas, organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns en colaboración co Concello de Nigrán, o Auditorio Municipal acollerá a presentación do libro «Os nomes do terror», que relata a represión franquista do Val Miñor, e que fóra aprazada da súa data inicial en outubro.

Coordinado polos historiadores Xosé Ramón Ermida, Dionisio Pereira, Eliseo Fernández e Xoán Carlos Garrido, nel participan moitos dos principais investigadores desta época en Galicia, como Emilio Grandío, Carlos Nuevo Cal, Bernardo Máiz, Xosé Álvarez, Manuel Pazos, Judith Carbajo, Ana Cebreiros, Carlos F. Velasco ou Julio Prada.

Intervirán na presentación: Xosé Lois Vilar, Historiador, Xoán Carlos Garrido, coordinador do libro, Xosé Álvarez Castro, co-autor do libro, e Marga Romero Lorenzo Conselleira de Sermos Galiza.