Roberto Daniel Pazo e Vanessa Berdejo impóñense no Trail Trans Serra da Groba

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Roberto Daniel Pazo e Vanessa Berdejo.

Baiona celebrou este sábado a 5ª edición do Trail de Montaña Trans Serra da Groba, consistente en tres probas deportivas distintas. O día foi duro, as distancias longas pero as condicións meteorolóxicas non prexudicaron como noutras edicións a participación dos valentes deportistas.

A primeira proba, un Trail de Montaña de 55 Km, tivo o seu pistoletazo de saída no Pavillón Municipal de Deportes de Baiona ás 7:30 horas, cun total de 46 participantes. A continuación, ás 8:30 horas, saían os 125 participantes da Mini Trail, proba de 25 Km, e finalmente ás 10:00, desde Chan da Lagoa os 131 participantes do Trailiño, que completaron un percorrido de 12 km. En total, máis de 300 participantes entre todas elas.

José Manuel David Domínguez e Yovanna Álvarez Lameiro, ambos de Salvaterra de Miño, impuxéronse no Trailiño, cun tempo de 58:34 e 1:25:12 respectivamente. Quique Toucedo Garrido (1:09:57) e Alicia Lestayo Pérez (1:27:04) foron os primeiros baioneses en cruzar a meta.

Na proba do Mini Trail o vencedor foi Antonio Liébanas Méndez. O baionés demostrou o seu nivel deportivo alcanzando a meta nun tempo de 2:07:48. Na categoría feminina, Paz Méndez Tapias, de Vigo, foi a primeira en completar os 25 km cun tempo de 2:52:06. O cadro de honra complétase con Jonathan López Costas como primeiro baionés cun tempo de 2:18:50, e Elena Alfaya Pereira como primeira muller local cun tempo 4:04:03.

A competición por equipos na Mini Trail gañouna o Atletismo Baiona Trail con 487 puntos, segundos Trail Running Nigrán con 450 puntos e terceiros Cazafantasmas Team con 447 puntos.

Na proba reina, o Trail de 55 km, a vitoria foi de Roberto Daniel Pazo Giráldez, cun tempo de 5:24:12, natural de Baiona, e que deixa constancia do nivel atlético que puidemos seguir ao longo deste día de deporte e aventura que nos deron todos os participantes. Na categoría feminina, Vanessa Berdejo Morales, da Coruña, quedou primeira cun tempo de 7:59:27. E como vencedores locais, Saúl Nemesio Vázquez Pedreira quedaba primeiro na categoría masculina e Elena Ribeiro Freire na feminina cunhas marcas de 6:18:19 e 8:54:38 respectivamente.

A competición por equipos na Trail gañouna o Selectos Trail con 153 puntos, segundos Atletismo Baiona Trail con 144 puntos e terceiros Cazafantasmas Team con 91 puntos.

CLASIFICACIÓNS TRAILIÑO

CLASIFICACIÓNS MINI TRAIL

CLASIFICACIÓNS TRAIL

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios