O Concello de Gondomar, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organiza o obradoiro “Xoguetes creativos con material de refugallo” no contexto do programa Tecendo Lazos. Os xoguetes elaborados terán un fin social.
O obradoiro desenvolverase do 29 de novembro ao 12 de decembro en horario de 17:00 a 19:00 horas no Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar.
Está destinado prioritariamente a persoas empadroadas en Gondomar e terán preferencia as persoas que formen parte da mesma familia, se inscriban xuntas e pertenzan a diferentes xeracións (netas e netos, avoas e avós, fillas e fillos…). Poderán participar menores a partir de 10 anos.
O prazo de inscrición comeza o día 30 de outubro e remata o día 20 de novembro. As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello acompañada da seguinte documentación: fotocopia do DNI, autorización do pai, nai ou persoa responsable do menor e fotocopia de volante de empadroamento.
Para máis información na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Gondomar ou no teléfono 986 369 746.

