A AVV “Galiñeiro” de Vincios organiza unha viaxe a Madrid para ver o musical “Billy Elliot”

A Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios organiza unha viaxe a Madrid a ponte da Constitución para ver o musical “Billy Elliot”. O prezo por persoa é de 285 euros para os socios e de 295 para os non socios. O suplemento de habitación individual é de 120 euros e a entrada do musical desde 55 euros. O prezo inclúe transporte en autocar, aloxamento en hotel de 3 ou 4 estrelas, habitacións dobres con baño/ducha, réxime de pensión completa con auga e viño, azafata acompañante, visitas que se indican (sen entradas) e seguro de asistencia en viaxe e IVE.

Programa

7 de decembro. Saída á primeira hora da mañá con destino Madrid. Xantar en ruta. De tarde, visita panorámica en autobús polas principais zonas de interese da cidade: Gran Vía, Cibeles, Porta de Alcalá, o Paseo da Castelá, Atocha, o Palacio Real… Chegada ao hotel. Distribución das habitacións, cea e aloxamento.

8 de decembro. Almorzo en Madrid. Excursión de día completo a Toledo con xantar incluído en restaurante. Visita á cidade das tres culturas, por estar poboada durante século por cristiáns, xudeus e árabes. Conserva o seu estilo mudéxar en dous belísimas sinagogas: a do Tránsito e a de Santa María a Branca. Poderase admirar a Catedral coas súas cinco naves e o Alcázar, símbolo de Toledo, dominando a cidade imperial. Regreso a Madrid, cea e aloxamento.

9 de decembro. Pensión completa. Continuación das visitas á capital madrileña onde coñecerán o Templo de Debod, edificio do antigo Exipto, agasallo a España; dar un paseo pola Gran Vía e tempo libre para percorrer o famoso Mercadiño do Nadal da Praza Maior, con toda a maxia do Nadal ou posibilidade de asistir ao musical “Billy Elliot”, recentemente estreado no Novo Teatro Alcalá, tras once anos de gran éxito en Londres, con actores tan coñecidos como Natalia Millán, Carlos Hipólito ou Adrián Lastra. O musical narra a historia do mozo Billy, nacido nunha cidade do norte de Inglaterra na que os homes practican o boxeo e traballan na mina. Ningún deles baila nin alberga ambicións de presentarse á Royal Ballet School. Pero Billy é diferente. Ao finalizar, regreso ao hotel e aloxamento.

10 de decembro. Almorzo e saída cara a El Escorial, belo pobo da Serra de Guadarrama, tempo libre para pasear polas súas rúas e admirar o seu Palacio Real. Xantar en ruta. De tarde, regreso a Vincios.

Anuncios