Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita estes días Gondomar e Baiona. O luns 30 de outubro permanecerá na estación de autobuses de Gondomar. En Baiona estará o martes 31, situada na rúa Jesús Valverde, na entrada ao Parador. Todo aquel que desexe doar sangue poderá facelo en ambos os casos de 16:00 a 21:00 horas. Se é a primeira vez que se doa hai que levar consigo o DNI.
Unha unidade móbil de doazón de sangue estará hoxe en Gondomar e mañá en Baiona

